A Deputación inviste 1,1 millóns na mellora de estradas na Pastoriza, Friol e Láncara

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, avanzou hoxe que o Executivo vén de invistir outros 1,1 millóns de euros na mellora de 13,5 quilómetros de 5 estradas provinciais ao seu paso polos concellos da Pastoriza, Friol e Láncara. Campos Conde explicou que o seu equipo aprobará mañá na Xunta de Goberno a contratación destas obras.

Na Pastoriza, o Executivo arranxará 5,5 quilómetros de dúas estradas con 248.219,80 euros. Na LU-P-1106 de Castro de Rei, por Reigosa, á estrada de Bretoña a Lindín, actuarase no treito entre os puntos quilométricos 13 e 16,9. Na LU-P-4402, da estrada de Paraxes a Lourenzá, por Bretoña, a Muiñonovo, mellorarase o treito entre os puntos quilométricos 1,7 e 3,4.

Outros 5,3 quilómetros repartidos entre a LU-P-2118, de Guimarei a Vilamaior de Negral, acondicionarase o treito entre os puntos 0 e 4,4; e a estrada LU-P-1611, do Cinturón Comarcal, na que se acondicionará o treito entre os puntos quilométricos 46,8 e 47,7. Ambas vías, no Concello de Friol, sumarán un total de 383.499 euros en investimentos.

En Láncara se mellorarán 2,7 quilómetros de estradas con 505.550 euros para a LU-P-2703, que vai de Pobra
de San Xiao a Carracedo, para acondicionar entre os puntos quilométricos 6,1 e 8,8.

Outras melloras

Darío Campos Conde, tamén avanzou que o Goberno da Deputación inviste outros 1,5 millóns de euros na mellora de case 32 quilómetros de 14 estradas provinciais ao seu paso por 6 Concellos da Zona Sur. Nos concellos da Pobra do Brollón (LU-P-4702, LU-P-4703, LU-P-4707 e LU-P-4710), Taboada (LU-P-6001, LU-P-6004 e LU-P-6005), Ribas de Sil (LU-P-5301), Quiroga (LU-P-5001 e LU-P-5005), Pantón (LU-P-4102 e LU-P-4106) e O Saviñao (LU-P-5804 e LU-P-5205).

Na Mariña, o Goberno da Deputación inviste outros 1,2 millóns de euros na mellora de case 30 quilómetros de 8 estradas provinciais ao seu paso por 5 concellos. Campos Conde explicou que o Executivo aprobará mañá na
Xunta de Goberno tamén a contratación das obras de mellora na LU-P 4402 en Riotorto; nas LU-P-2010 e na LU-P-2009 de Foz; en Ribadeo actuarán na LU-P-5203, na LU-P-5204 e na LU-P-5205; en Cervo na LU-P-1502 e, no Concello de Barreiros actuarán na LU-P-0609.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com