O candidato do BNG- Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, acompañado da número dous da lista, Maite Ferreiro, mantivo unha xuntanza co presidente da Asociación Provincial de Ximnasios para coñecer cal é a realidade da demanda existente neste sector.
O BNG apostará pola organización dun circuíto anual de andainas populares, que segundo Arroxo servirán para fomentar a práctica do exercicio físico, e tamén para poñer en valor toda a riqueza paisaxística e patrimonial que posúe o noso concello.
Escoitamos a Rubén Arroxo: