Detido un profesor de música en Monforte por presuntos abusos sexuais

Axentes da Policía Nacional detiveron no Concello de Monforte de Lemos a un profesor de música tras ser denunciado por presuntos abusos sexuais. Segundo a Policía o home, de mediana idade, foi detido onte tras unha denuncia presentada por varias vítimas.

O detido, que pasou a noite no calabozo, pasaría hoxe a disposición xudicial. O Xulgado de Instrucción número dous da localidade Monfortina deixou en liberdade a este profesor, de todos os xeitos o xulgado decretou unha orde de protección dunha das denunciantes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com