A Tinería abre o xoves as súas portas

O Concello organizou para este xoves unha xornada de portas abertas para que todas as persoas interesadas poidan coñecer os 9 locais comerciais que ten en aluguer no barrio da Tinería. A visita terá lugar a partir das 10:00 horas e consistirá nun percorrido por cada un dos inmobles, comezando polo número 24 da rúa Tinería. O prazo para solicitalos estará aberto ata o día 12 de xullo.

O Concello pon en marcha deste xeito un viveiro de empresas a pé de rúa  xestionado polo CEI Nodus nos 9 locais que lle alugou ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) na Tinería. Esta iniciativa supón revalorizar o barrio dunha maneira controlada e eficaz por medio dunha economía sostible e de valor engadido que fará atractiva a zona, non só para emprender e traballar, senón tamén para vivir, facendo posible un efecto chamada de novos residentes e empresas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com