A asemblea de Vilalba Aberta ven de presentar unha proposta marco de substitución, co obxectivo de que o Concello de Vilalba inste ao Ministerio de Fomento a redefinir a sinalización dos accesos ao casco urbano dende a A8 e dende a estrada de San Xoán de Alba. Unha iniciativa, a defender no vindeiro Pleno Ordinario de Xullo, que complementarán pola vía dunha actuación directa e coordinada a través do Grupo de En Marea no Congresos dos Deputados e nomeadamente co seu voceiro e Deputado pola Provincia de Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello.
Tal e como explicaba hoxe o voceiro da formación, o edil Modesto Renda, trátase por unha banda das actualmente delimitadas coma “N-634 Vilalba”, “C.P-6513 Momán, Vilalba, A Madalena” e “Vilalba, Ferrol AG-64, LU-861”, que pasarían a estaren indicadas coma “N-634 Alba, Vilalba Sur”, “C.P-6513 Momán, Vilalba Centro” e “Vilalba Norte, Ferrol AG-64, LU-861”, respectivamente.
Por outra, a proposta de Vilalba Aberta fai fincapé tamén nos accesos á vila pola estrada de San Xoán de Alba, onde as actualmente definidas coma “A Cruz, E-70 A8, Lugo, Coruña”, “A Cruz” e a “N-634 Vilalba, A Torre” pasarían a delimitarse coma “Alba, E-70 A8, Lugo, Coruña”, “Alba” e “N-634 Vilalba Sur”.
Neste senso, as indicacións tanto do barrio da Cruz coma a última de Alba na N-634 en dirección Vilalba, suprimiríanse ao no atopar sentido no contexto da nova sinalización. Ademais , dende a asemblea de Vilalba Aberta solicitarán do Concello e de Fomento o proxecto orixinal da Rotonda da estrada de Alba, no cal, e tal como recollen as testemuñas dos veciños/as da parroquia, parroquia, se daba unha solución integral a moitos dos perigos de circulación viaria aos que día a día se enfrontan.