Lugo prepárase para unha fin de semana a todo motor co XiraKarting

Lugo prepárase para unha fin de semana a todo motor, coa 12ª edición de XiraKarting, un evento pioneiro de kárting móbil en Galicia, que foi presentado hoxe polo Voceiro Municipal, Miguel Fernández, e o responsable do evento, Francisco González. Esta actividade lúdico deportiva recala por terceiro ano consecutivo na cidade, nesta ocasión na Praza de Augas Férreas.

No acto, no que tamén estivo a encargada de Responsabilidade Social Corporativa de Gadisa, Iria Rodríguez e a vicepresidenta da Federación Galega de Automobilismo, Maite Vilanova; Fernández puxo en valor esta iniciativa, unha oportunidade para achegar o motor á familia e de facelo incentivando a conducción responsable dos moitos nenos e nenas que participarán nesta cita. Así mesmo, subliñou que é tamén unha oportunidade para dinamizar a vida diaria desta zona da cidade.

O voceiro quixo facer fincapé nunha das novidades deste ano, o proxecto Muller é motor, para potenciar a presenza feminina no automobilismo. Nesta liña insistiu Vilanova, que chamou á integración da muller neste deporte e a participar neste circuíto.

Pola súa banda, González agradeceu ao Concello o apoio prestado a esta actividade, “socio imprescindible para poder chegar á cidade” e pola axuda para poder desenvolver un ano máis Xirakarting en Lugo, onde se estreará, como actividade complementaria, unha xornada aberta gratuíta para mulleres, o domingo, en xornada de tarde.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com