Os afiliados ao PP da provincia elixiran 44 compromisarios para o Congreso Extrordinario

Os afiliados ao PP da provincia de Lugo elixirán 44 compromisarios para o XIX Congreso Extraordinario fixado para os días 20 e 21 de xullo, e do que sairá o novo presidente do Partido. Así o trasladou a presidenta dos populares, Elena Candia, durante a reunión da Xunta Directiva Provincial celebrada esta tarde na sede do PP lucense.

Deste xeito, os afiliados poderán inscribirse para participar na elección do novo líder do PP ata o 25 de xuño, ás 14:00 horas, e para participar como compromisario ata o 29 de xuño, tamén ata as 14:00 horas. En ambos os dous casos, os interesados deberán de cumplimentar a documentación enviada polo Partido aos militantes e ás agrupacións locais e remitila cuberta á sede do PP provincial.

Todas as asembleas celebraranse o 5 de xullo, dende as 9:30 horas ata as 20:30 horas. Haberá dúas urnas: unha para a elección de candidatos e outra para elixir os compromisarios que en España superan os 2.600. A presidenta do Partido animou a participar a todos os asistentes neste proceso, “no que temos a oportunidade de elixir ao próximo dirixente do Partido e seguir traballando todos xuntos para continuar co legado que nos deixa o antecesor no cargo”. Trátase, indicou, “de elixir aquel candidato que devolva aos cidadáns a posiblidade de que o PP goberne este país despois das eleccións”. Para elo, sinalou, “é importante ver as propostas para logo decidir quen dirixirá o noso Partido”.

Neste senso, Elena Candia valorou a decisión de Alberto Núñez Feijóo de non optar á presidencia no partido, demostrando con elo “cualidades que o fan digno de ser un excelente presidente da Xunta e un excelente presidente do Partido en Galicia”. “Non hai maior xesto dun presidente que ser coherente e manter a palabra dada e o compromiso con quen o apoiaron para ser, como el ben dixo, algo en política. Demostrou que Galicia e os galegos estamos por riba de ambicións persoais e políticas e isto, cando menos, debemos de poñelo en valor e de agradecerlle a súa entrega e traballo”.

A este respecto, destacou que “isto é o que diferencia a uns e a outros. Uns fixeron o posible por chegar á Moncloa aínda que fose pola porta de atrás e outros, sen embargo, son leais aos seus principios persoais e políticos”, sentenciou.

Os criterios de distribución dos compromisarios son os mesmos que os fixados nos anteriores congresos, de tal modo que haberá seis compromisarios mínimo por provincia e as illas, Ceuta e Melilla terán como mínimo tres. O resto de compromisarios distribúese outorgando un 75% segundo a afiliación e un 25% polos resultados electorais dos útimos comicios xerais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com