Este venres, día 22 de xuño, remata o prazo de matrícula para os cursos intensivos de natación dirixidos aos cativos e cativas de 6 a 10 anos, que o Concello organiza no mes de setembro nas piscinas de Frigsa e das Pedreiras. Trátase de cursos de aprendizaxe, para os nenos e nenas que non saben nadar ou nadan menos de 15 metros, e de iniciación básica, para os que saben nadar polo menos 15 metros. A matrícula, que é por orde de chegada, debe facerse nas instalacións nas que a persoa interesada desexa realizar estes cursos. O prezo é de 40 euros.
En total, o Concello ofrece 210 prazas: 146 na piscina municipal de Frigsa, 56 de aprendizaxe e 90 de iniciación básica; e 46 nas Pedreiras, 28 de aprendizaxe e 36 de iniciación básica. As clases terán lugar en xornada de tarde, dependendo da idade dos participantes e do seu nivel, de 16:15 horas a 20:00 horas en Frigsa, ou de 18:00 a 20:30 horas nas Pedreiras.