‘Ain´t that a Shame’, novo single de Marcos Peón e Dj Frisco

Ain´t that a Shame é o novo single dos galegos Dj Frisco e Marcos Peón que sale mañá, venres, á venda, por EGO, un dos selos discográficos máis importantes de Europa onde publican os seus éxitos artistas internacionais da talla de Willy William, Dj´s From Mars, Alexandra Stan ou as rusas Serebro, entre outros grandes produtores musicais.
Frisco e Marcos son os primeiros produtores galegos que editan con esta importante compañía e fano cun single cheo de frescura e enfocado ao verán, onde apostan por un novo estilo para eles con sons auténticas da música club. Ain´t that a shame, é un single elegante, cheo de enerxía e que fará bailar ao público dos clubes máis selectos.
Os autores compartes a súa faceta de produtores musicais coa súa carreira como deejay, na que levan vinte anos percorrendo as principais cabinas do estado Español e levando a súa música a países como México, Colombia, Suiza, Alemaña, Francia, Austria, Marruecos, Rusia o Indonesia.
Xa na casa, as vindeiras citas co público de Dj Frisco e Marcos Peón serán en Vilalba, Meira, Lugo e Pontevedra.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com