O presidente do Executivo Provincial, Darío Campos Conde, informou hoxe que o Goberno está a pór a nome
da Deputación os centros de maiores de Trabada, Pol e Castroverde, é dicir, a incluír no inventariado de bens do organismo provincial estes bens, como titular dos mesmos; ao tempo que ordenou extinguir a encomenda de xestión de SUPLUSA sobre o centro de maiores da Fonsagrada (pois era outra encomenda máis ou diferente a das restantes residencias) para inventariala tamén e poder solicitar o seu correspondente Permiso de Inicio de Actividade (PIA), pois a Sociedade Urbanística Provincial non o tiña feito a diferenza dos outros centros.
As de Trabada, Pol, Castroverde e A Fonsagrada son as residencias que están totalmente rematadas. Estanse a concluír as de Pedrafita do Cebreiro e Ribas de Sil, que serán as seguintes en inventariar na Deputación. A de Ribadeo xa figura a nome do Concello, pois foi construída dende o municipio con fondos do organismo provincial.
Campos Conde explicou que estes asuntos foron tratados hoxe na Xunta de Goberno, órgano ao que se deu conta da sentencia da Audiencia Provincial de Lugo e do informe público da Universidade da Coruña, que avalan ao Executivo Provincial.
A sentenza anula os Estatutos de SUPLUSA que propuxo o PP, así como o Consello de administración resultante desta modificación estatutaria e os acordos adoptados polos mesmo, sendo todos no que atinxe á rede pública de residencias e centros de día construídos con fondos públicos da Deputación nos Concellos.
O informe público da UDC mantén que SUPLUSA perdeu a súa condición de medio propio por todas as decisións adoptadas por dito Consello ao marxe da Deputación, e que esta perda foi ratificada polo órgano competente para facelo: a Xunta de Goberno.