O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, informou hoxe que o Concello abrirá ao público este domingo, 1 de xullo, e ata o 31 de agosto, a piscina municipal exterior de Frigsa. O horario de baño será de luns a venres, de 12:00 a 20:30 horas, e os sábados e domingos de 12:00 a 20:00 horas.
O Concello mantén ao longo de todo o ano, tamén en verán, unha piscina climatizada aberta. En agosto a de Frigsa está pechada, xa que neste mes abren as piscinas das Pedreiras, con horario de luns a venres, de 08:00 a 14:30 e de 16:30 a 23:00 horas, e os sábados de 10:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas. En xullo si abrirá a piscina cuberta de Frigsa, en horario de luns a venres de 08:00 a 14:00 horas e de tarde, de 16:00 a 22:00 horas, pechando os sábados e domingos. En ambas instalacións municipais a saída da auga será media hora antes do peche.
Os prezos establecidos para esta nova campaña de verán, e que se manteñen como nos últimos anos, sendo uns dos máis baratos de España, son de 1 euro e 10,80 euros o abono de 15 baños para os rapaces de ata 15 anos. Para as persoas adultas, de 16 anos en diante, a entrada terá un custo de 2,20 euros e o abono de 15 baños de 22,30 euros. O abono de 15 baños para pensionistas será de 11,10 euros e os abonos familiares terán unha tarifa especial: 29,90 euros o de 15 baños e de 59,10 o de 30 baños.