O PP denuncia a “estafa” que a Deputaciónestá a levar a cabo coa Casona do Incio

O Grupo Provincial do PP conseguiu aprobar hoxe no Pleno da Deputación que se proceda á contratación da redacción do proxecto básico e de execución da Casona do Incio que contemple a rehabilitación estrutural do edificio existente e de, polo menos, o alpendre derrubado no seu día.

Desde o PP pedíase ademais que no caso de que os 250.000 euros dispoñibles en Suplusa non fosen suficientes para rematar estas obras, achegue a Deputación de Lugo a diferenza resultante. O deputado José Antonio García explicou que “os veciños ven como a casa está a punto de caer e vana deixar caer, pero non o imos permitir”. “Nin sequera a achega económica para iniciar as obras está claro que xa exista, polo que estamos aquí primeiro para denunciar unha estafa e esixirlles que pidan perdón”.

Tras a negativa do PSOE a desculparse, o PP censurou que leven gobernando oito anos no Incio “e agora veñen co uso da casa cando xa non vai quedar casa nin nada”. “Din agora que van mirar o diñeiro que hai dispoñible cando levan aquí 12 anos. O PP ten claro o que hai que facer alí en consonancia co que queren os veciños, que non se tire a casa e se rehabilite. Levan oito anos, non chegaron onte, empecen pedindo perdón”.

Os populares rexeitaron a emenda do PSOE ao entender que “é rirse da xente porque o único que ten que facer é modificar o proxecto e non tirar a casa senón rehabilitala. Despois de doce anos non saben nin canto custa, pero en doce anos non tiveron tempo nin se preocuparon de nada. Non aceptamos a emenda porque é seguir ríndose. Non queremos que se tire a casa. Imos dicilo por activa e por pasiva, queremos que se rehabilite. Que o uso o defina o pobo do Incio e que logo a través dos  mecanismos legais que sexan se ceda ao Concello. Todo iso non leva doce anos”, replicou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com