A Apehl e Oribio Asesores asinan un convenio de vantaxes para os asociados

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) asinou un acordo de colaboración con Oribio Asesores co obxectivo de garantir importantes descontos para os seus socios en servizos integrais de asesoramento de empresas en materia fiscal, laboral, contable e xurídica, así como consultoría en xeral.

No acto estiveron presentes José Manuel Núñez, en representación de Oribio Asesores, e Cheché Real, presidente da APEHL. Ambas partes acordaron a rebaixa do 25 % de desconto sobre as tarifas de asesoramento en calquera dos servizos que presta, asesoramento en materia fiscal tanto a personas físicas como sociedades, prestación de servizos de contabilidade de sociedades, asesoramento xurídico-mercantil e atención preferencial para os socios da APEHL nos servizos ofertados por esta entidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com