En Marea consigue aprobar no Congreso unha iniciativa para solucionar os peches da A-8

A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, defendeu onte unha iniciativa para instar ao Goberno a solucionar os peches constantes da A-8, debido á falta de solución técnica polas densas néboas entre Mondoñedo e A Xesta.

A iniciativa saiu adiante por 24 votos a favor e 14 abstencións, e requírese ao Executivo realizar canto antes “actuacións de mellora da seguridade vial na N-634 ao seu paso pola comarca lucense da Mariña, que presenta varios tramos en mal estado, especialmente preocupante na zona onde a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) desvía o tráfico debido aos constantes peches da autovía A-8 entre Mondoñedo e A Xesta polas espesas néboas”.

“Cómpre executar a partida de 5,4 millóns nos Orzamentos desde ano 2018 para evitar máis retardos na adopción da solución técnica”, asegurou a deputada na Comisión. Por iso, este acordo pide executar íntegramente a partida de 5,4 millóns de euros contemplada nos Orzamentos Xerais do Estado que figura como A-8: sistema de protección anti néboa – Tramo: Mondoñedo-A Xesta, co obxectivo de evitar máis retrasos na adopción da solución técnica.

Ademais, a iniciativa aprobada insta ao Goberno a concretar as fases do proceso para probar os prototipos anti-néboa.“É urxente un compromiso real para que non haxa máis demoras na operatividade dunha estrada ineficaz”, asegurou a deputada Alexandra Fernández. Ante esta situación, a iniciativa tamén pide “fixar o horizonte para a posta en funcionamento da solución técnica anti-néboa no tramo da Transcantábrica indicado”. “No ano 2020 deberíase circular con garantías de seguridade”, concluiu a deputada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com