A Xunta recibe as obras de mellora na Biblioteca Nodal e o Arquivo Histórico

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou esta mañá no acto de recepción das obras de mellora que se executaron na Biblioteca Pública e no Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Os traballos que se iniciaron o pasado mes de decembro, contaron cun orzamento de 207.000 euros, están financiados polo o Ministerio de Cultura, a través da Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos, por ser a administración central a titular de ambas instalacións, cedidas para os seus usos actuais á Xunta.

As obras executadas –mellora e modernización- permitiron restaurar os elementos de madeira e de carrexaría dos exteriores nos dous edificios, así como o vernizado das fiestras. No caso da Biblioteca procedeuse tamén á reposición do lucernario da cuberta, e no Arquivo, á renovación do saneamento exterior, a reparación de humidades nos sotos e a substitución da carteleira que estaba deteriorada

Ámbolos dous edificios representan destacados espazos de dinamización cultural da cidade de Lugo e xa no seu momento, coincidindo co inicio das obras, contaron coa visita do subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, do arquitecto responsable do proxecto, Manuel Martín-Rabadán; e das directoras dos centros, María Elena García e María Dolores Pereira.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com