O 112 rexistra nas últimas horas 83 incidencias relacionadas coas tormentas

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia ven de rexistrar, entre as 13:00 horas e as 18:00 horas desta tarde, un total de 83 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa debido á alerta amarela decretada por choivas e tormentas que está a afectar á nosa Comunidade.

Por provincias, A Coruña foi a máis afectada con 65 incidencias, Pontevedra rexistrou un total de 9 incidencias, seguida de Lugo con 5 e por último a provincia de Ourense, con catro incidencias. Anegamentos en rúas (26), bolsas de auga nas estradas (10), riscos de anegamentos en estradas (10) e riscos de anegamentos en vivendas (10) foron as incidencias que máis se repetiron.

En canto aos concellos, destaca a cidade da Coruña con 24 incidencias, Culleredo suma 5 e Oleiros 4 incidencias. Na provincia de Pontevedra cabe resaltar que o termo municipal máis afectado foi Vila de Cruces con 6 incidencias; en Lugo, O Saviñao con 3 e en Ourense, Avión, Barbadás e A Peroxa sumaron 1 incidencia respectivamente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com