O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, apostou hoxe en Monforte, durante a súa participación na iniciativa Café con Europa, organizada pola Comisión Europea, por reforzar o proxecto común europeo coa participación de toda a sociedade, e especialmente dos máis novos.
Neste sentido, o conselleiro sinalou que Europa está nun proceso continuo de transformación do que todos poden facer parte, facendo fincapé en que a Unión Europea non só é Bruxelas ou Estrasburgo, senón que Monforte de Lemos ou Ferreira de Pantón tamén o son, non só polas axudas que permiten impulsar a innovación na agricultura ou na industria, senón porque a Unión Europea é un garante de progreso e liberdade.