Arranca o obradoiro ‘Bicis a punto’ no Mercado

Arrancou esta tarde o primeiro obradoiro organizado polo Concello de Lugo de arranxo e mantemento de bicicletas, Bicis a punto no Mercado municipal. O monitor do obradoiro explicará a quen o desexe, durante todos os martes do mes de xullo, o mantemento básico necesario nunha bicicleta e responderá ás dudas que podan surxirlle a quen asista a este obradoiro de acceso libre e gratuito.

Na primeira das sesións, o profesor, Sergio Villar, explicou de primeira man como solucionar os problemas diarios de axuste dos freos, o guiador ou a cadea, ademáis de dar consellos de coidados do vehículo e seguridade viaria básica.

O obradoiro repetirase todos os martes de 17.00 a 18.30 horas durante o mes de xullo, no Mercado Municipal Quiroga Ballesteros. Aconséllase levar bicicleta para ver, de primeira man, como solucionar cada eiva que podamos atoparnos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com