A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) xa ten en marcha a organización da décimo cuarta edición do Concurso de Tapas de Lugo, patrocinado polo Concello de Lugo, que terá lugar no mes de setembro. Neste senso, o prazo de inscrición para participar xa está aberto e finaliza o vindeiro martes 10 de xullo.
Poden concursar todos os establecementos de hostelería do Concello de Lugo que estean inscritos no Rexistro de Establecementos e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT), sexan ou non asociados da Apehl. Para facer efectiva esta inscrición deben presentar a documentación requirida –ficha de inscrición e fotografía da tapa– nas oficinas da Asociación, na rúa Ramón Montenegro 15, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou a través do enderezo electrónico comunicacion@apehl.org .