Campos Conde recibe en San Marcos aos participantes do VI Rally Terras do Incio

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde e o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, recibiron na Praza de San Marcos aos 25 coches clásicos que participan no VI Rally Turístico Terras do Incio procedentes de España, Portugal e Bélxica. No acto tamén participou a Vicepresidenta Segunda do Consello de Ibiza, Marta Díaz e o organizador do Rally, Andrés Castro. Esta iniciativa conta cunha achega de 3.000 euros do Executivo Provincial.

Este Rally, que xa celebra a VI Edición, comezou o día 4  ata o 9 de Xullo. O percorrido comezou en Astorga e continua por O Barco de Valdeorras, Lugo, O Incio, Ribadeo, Taramundi, Oviedo e finalizará en Las Caldas.

Ademais do propio percorrido inclúense actividades complementarias de tipo cultural como poden ser visitas a lugares emblemáticos como o casco histórico de Lugo, o embalse de Villasouto, o Castro de Viladonga, o Aeródromo de Rozas, a Praia das Catedrais ou a Festa Indiana de Ribadeo, ademais de diversos miradores e lugares de grande beleza natural que se atoparán pola ruta. Haberá tamén comidas e actuacións musicais nas que os condutores de coches de marcas tales como Ferrari, Maserati, Alfa Romeo, Aston Martin, Jaguar, Porsche e Mercedes poderán participar.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com