O goberno insta a Portomeñe a acodir ao Xulgado se “ten coñecemento” de que alguén “se apropia de diñeiro público”

Na mañá de onte, o voceiro de Alternativa Cidadá de Esquerdas, Esquerda Unida, Carlos Portomeñe, denunciaba que o goberno local podería estar cometendo un presunto delito de malversación de caudais públicos se continúa coa instalación da pasarela peonil do Anxo Carro. Portomeñe resaltaba o feito de que os informes preceptivos, realizados por INCA, desaconsellaban a construcción desta pasarela e, aínda así, a rexedora decidía seguir adiante.

Pois ben, na tarde de onte o voceiro municipal, Miguel Fernández, respondeu ás declaracións de Portomeñe asegurando que o estudo de viabilidade de INCA desaconsella a pasarela por non supór unha alternativa real aos pasos xa construidos, pero que solucionaría os continuos cortes que a Policía Local vése na obriga de facer na Nacional VI os días que xoga o CD Lugo debido á afluencia de xente. Asemade, aclaran que é unha obra moi demandada e que está avalada polo Ministerio de Fomento.

En canto á posible malversación de fondos, o voceiro municipal insta ao edil de ACE-Esquerda Unida a que se ten coñecemento de que alguén se apropia de fondos públicos acuda de inmediato ao Xulgado, ou que aclare a que pretende facer referencia co termo malversación que, segundo o equipo de goberno, Portomeñe está instalado, din, nun  “escenario apocalíptico onde todos son corruptos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com