Balseiro gaba o papel de Acruga no labor asociativo do rural

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou hoxe na xuntanza anual da Asociación Nacional de Criadores de Ganado Vacuno Selecto de Raza Rubia Gallega (Acruga) en Lugo, na que a entidade homenaxeou aos gandeiros que se xubilaron nos últimos meses. Balseiro aproveitou para “agradecer e animalos a continuar co labor asociativo, que fai máis forte o noso rural”, e subliñou que “os desafíos que ten diante de si esta provincia pasan polo desenvolvemento e a modernización do rural”, onde estar os recursos máis salientables da provincia. “Debemos ser capaces de explorar todas estas oportunidades e de facer ver á mocidade que aí está a medrar un sector agropecuario á alza”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com