O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou este venres con outras autoridades á inauguración do II Festival do Viño da Ribeira Sacraque tivo lugar no paseo do Malecón de Monforte de Lemos. O Executivo Provincial volve ser patrocinador principal deste festival ao que destina unha achega de 23.500 euros. Apoia así un evento no que 24 adegas mostrarán ao mundo un recurso vital para a comarca e o conxunto da provincia como é o viño de calidade da Ribeira Sacra. Este festival constitúe un atractivo máis para visitar durante esta fin de semana a comarca da Ribeira Sacra que engade aos numerosos atractivos o viño.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.