17 equipos lucenses reciben 227.000 euros co Plan de Patrocinio da Xunta

O Plan de Patrocinio que ten en marcha a Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración con Abanca achega 227.000 euros a 17 equipos de alta competición da comarca de Lugo.

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que a Xunta, en colaboración con Abanca, “apoia aos clubs lucenses para que permanezan entre os mellores das súas modalidades”. Son en total 11 clubs -algúns con varios equipos en competición- das especialidades de baloncesto, fútbol, duatlón, hóckey, sprint, triatlón e voleibol.

Entre os beneficiarios con maior contía figuran o Club Triatlón Cidade de Lugo (masculino e feminino), que suma 43.700 euros para os equipos tanto masculinos como femininos de duatlón e triatlón; o Prone Lugo Asociación Deportiva, que recibe case 38.000 euros; o Club Baloncesto Breogán, que recibe 32.500 euros; O Club Porta XI, con 32.385 euros, e o Club Emeve (masculino e feminino), con preto de 29.900 euros.

Tamén reciben achegas a Asociación Deportiva Tripenta Terras de Lugo (para os equipos masculino e feminino), con 12.500 euros; o Club Peluquería Mixta Friol, con case 14.000 euros; o Club Fluvial Lugo (feminino e masculino), con 13.700 euros; o Club de hóckey feminino Meigas, con máis de 2.000 euros; o Club de patíns Lóstregos Lucus, con 3.800 euros, e o Club Piragüismo Cidade de Lugo, con 4.500 euros.

A Xunta, engadiu o delegado, “apoia o deporte galego en todo o territorio, tanto o de base como o de elite, a través do impulso ás asociacións e clubs que o fan posible e que prestan un servizo fundamental á sociedade”.

Neste sentido, engadiu a Secretaría Xeral para o Deporte ten en marcha outra liña de subvencións, próximas a resolverse, para clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas, ás que tamén optan a maior parte dos clubs patrocinados por convenio. Son axudas de concorrencia non competitiva, polo que se conceden a todos os solicitantes que cumpren os requisitos establecidos na convocatoria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com