O presidente de Aira, José Manuel Tellado, e o director xeral, Daniel Ferreiro, foron os encargados de recoller esta mañá o premio aos valores cooperativos que lle foi outorgado a esta cooperativa de Taboada polo Consello Galego de Cooperativas, máximo órgano da Xunta de Galicia para a promoción e a difusión do cooperativismo nesta comunidade autónoma.
Estes premios á cooperación, de periodicidade anual, teñen como finalidade fomentar o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento deste movemento empresarial en Galicia.http://xunta.gal
Na gala, celebrada na empresa cooperativa Maier Ferroplast, no Porriño, e presidida polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, foron outras dúas as sociedades galardoadas: Bico de Grao, premio ao mellor proxecto cooperativo novo, e Viña Costeira, premio á mellor traxectoria cooperativa.
O presidente de Aira, José Manuel Tellado, e o director xeral, Daniel Ferreiro, foron os encargados de recoller esta mañá o premio aos valores cooperativos que lle foi outorgado a esta cooperativa de Taboada polo Consello Galego de Cooperativas, máximo órgano da Xunta de Galicia para a promoción e a difusión do cooperativismo nesta comunidade autónoma.
Estes premios á cooperación, de periodicidade anual, teñen como finalidade fomentar o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento deste movemento empresarial en Galicia.