O PP Provincial solicita a Medalla de Ouro da provincia para Cacharro Pardo e o BNG anuncia que non apoiará ningunha condecoración

O Grupo Provincial do Partido Popular súmase á petición do grupo municipal no concello lucense, e pide a Medalla de Ouro da provincia para Francisco Cacharro Pardo, logo do seu falecemento o pasado domingo.
A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia manifestou que o grupo provincial considera xusto que se recoñeza a traxectoria política de quen foi 24 anos presidente da Deputación lucense.

Elena Candia:

Pola sua banda, a voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, anunciou que o seu partido non dará o seu apoio nin aceptará, ningún tipo de condecoración institucional a Cacharro Pardo.
Abraira dixo que “non vai ser o Bloque Nacionalista Galego quen participe nesta ceremonia de quen  utilizou esta institución como cortixo privado”.

Paz Abraira:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com