Un mellorado Rof Codina prepara a renovación da acreditación europea

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou este mediodía na inauguración das obras do hospital veterinario Rof Codina, coas que colaborou o Goberno Provincial. A Facultade de Veterinaria do campus de Lugo da USC perfila a renovación da acreditación europea por parte da Eaeve coa mellora de infraestruturas, equipamentos e servizos do hospital clínico veterinario Rof Codina, unha actuación promovida e financiada polo padroado da Fundación Rof Codina, no que participan xunto coa USC, a Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Lugo e Concello de Lugo, e que implicou unha inversión de máis dun millón de euros.

Campos Conde sinalou que con este conxunto de melloras estamos convencidos o Hospital Veterinario Rof Codina seguirá a a ser un centro de referencia a nivel europeo e permitirá que a Facultade de Veterinaria de Lugo poida manter o seu distintivo internacional. “Dende a Deputación de Lugo apostamos pola promoción da investigación e o desenvolvemento tecnolóxico mediante a mellora de infraestruturas en apoio ao campus de Lugo, como un medio para conseguir desenvolvemento social e económico da provincia”, dixo.

As achegas económicas realizadas polos patronos da Fundación Rof Codina para acometer estas melloras no hospital universitario constitúen unha axuda esencial para que a USC poida cumprir o seu “obxectivo prioritario” de que a Facultade de Veterinaria de Lugo renove a acreditación europea expedida pola Eaeve e continúa a ser un dos centros universitarios de referencia en España e en Europa, sinalou o reitor da USC, Antonio López, na inauguración das obras de remodelación do centro hospitalario, un acto no que participaron o conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, o presidente da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos Conde, a tenente de alcalde do Concello de Lugo, Ana Prieto, e o director xerente da Fundación Rof Codina, Luis Felipe de la Cruz Palomino.

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, e o decano da Facultade de Veterinaria, Germán Santamarina; o secretario Xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro tamén participaron nesta sesión inaugural, un acto que congregou unha nutrida representación de responsables políticos, docentes e directores e decanos de centros universitarios do campus de Lugo, así como profesionais e investigadores en formación no hospital universitario Rof Codina.

As reformas desenvolvidas con esta actuación no hospital Rof Codina permíntenos estar en condicións de recibir o próximo mes de setembro a comisión europea encargada de avaliar os parámetros da docencia e dos servizos asistenciais, así como da investigación desenlvolvida neste hospital vinculado á Facultade de Veterinaria da USC, sinalou De la Cruz Palomino. O director xerente da Fundación Rof Codina explicou asemade que os traballos realizados afectaron sobre todo á optimización de espazos e de infraestruturas básicas, cuestións que tamén redundarán nunha mellora da calidade dos servizos que ofrecemos á sociedade e tamén na calidade da formación que recibe o noso alumnado.

O Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, aproveitou este acto inaugural para salientar que a sede universitaria luguesa concentra un triángulo virtuoso de Galicia no que ao eido veterinario se refire. “A Facultade de Veterinaria de Lugo é o centro universitario de Galicia que capta máis alumnado procedente de fóra da comunidade”, sentenciou o conselleiro, para logo engadir que o Centro en Biomedicina e Veterinaria (Cebiovet), cuxas instalación situadas a carón do hospital Rof Codina veñen de inaugurarse hai uns meses, agroma un potencial de I+d+I igual ou superior a outros centros de investigación de referencia en Europa, mentres que este hospital veterinaria ofrece uns servizos e máxima calidade asistencial á cidadanía, ao tempo que contribúe de á mellorar a formación e as capacidades dos futuros profesionais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com