Lugo pecha as contas do Arde Lvcvs cun superávit de 43.000 euros

O Goberno local deu conta esta tarde do orzamento do Arde Lvcvs 2018, que deixa na cidade un superávit de 43.000 euros. Así o deu a coñecer a titular de Cultura no Concello quen proporcionou estes datos durante a xuntanza da Corporación Municipal para dar conta destes festexos, que conseguiron este ano o Selo do Ano Europeo da Cultura, distinción que tamén comparte a programación do Arde Lvcvs Cvltvral.

Segundo a información achegada pola edil os ingresos (442.513,28 euros), procederon de diferentes fontes. O Concello investiu na festividade 300.000 euros -partida contemplada nos orzamentos. A esta cantidade hai que engadir as achegadas por outras administracións, así a Deputación de Lugo achegou 18.000 euros mentres que a Xunta colaborou con 25.000 euros; asemade, o goberno asegura que os patrocinadores sumaron 47.500 euros en axudas para a realización do Arde Lucus a repartir entre Coca-Cola, Monbus, Urbaser, Estrella Galicia, Gestagua, Gadisa, Abanca, Regina Viarium, Calfensa, Tableros Hispanos, Forus e Hervey. En ingresos tamén figuran as incorporacións polo Macellum, 26.702,96 euros, polas tabernas, 12.417,20 euros e polos postos de comida, 2.351,12 euros. Pola venda de entradas dos tres espectáculos de pago -Circo Romano, Harpastvm e Divinivm-, ingresáronse 10.542 euros.

En canto aos gastos (399.469, 97€), un dos maiores pertence ao pago ás asociacións de recreación histórica polo traballo realizado nas festas e que suma 93.600 euros, xusto por detrás dos espectáculos que consumiron un total de 107.742, 80 euros. Asemade, o Concello conta tamén cos gastos de produción, que suman 58.596,60 euros, promoción da festa a través de cartería e programas (79.228,59 euros)  e outros servizos como seguridade (18.236,98 euros), electricidade (14.502 euros), aloxamentos de asociaciones ou artistas invitados (15.863 euros) e teatro 11.700 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com