O Castiñeiro á espera de que o Concello cumpra as súas promesas

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, afirmou que a rexedora “condena” aos veciños do barrio do Castiñeiro “a ser cidadáns de segunda categoría” ao non cumprir ningunha das melloras prometidas para o barrio. Promesas incumpridas que comprobaron in situ o voceiro popular, Antonio Ameijide, e os concelleiros Enrique Rozas, Manuel López e Ángel Trabada.

Antonio Ameijide explicou que “é inexplicable” como hai “necesidades básicas” que os socialistas non cumpren mentres prefiren destinar case un millón de euros para a instalación de dúas columnas dóricas para facer unha pasarela peonil sobre a N-VI a poucos metros dun paso peonil soterrado.

O voceiro popular afirmou que os veciños do Castiñeiro seguen a sufrir problemas de mobilidade, falta de aseo urbano, deterioro do mobiliario urbano e, incluso, de seguridade, motivos polos que o Grupo Popular solicitou hai un ano “a posta en marcha dun plan integral para o Castiñeiro” pero que os socialistas seguen a ignorar.

Antonio Ameijide dixo que hai preocupación neste barrio pola situación da finca onde estaba o antigo matadoiro de Abella xa que “está cheo de lixo, maleza e mesmo hai un burato con varios metros de caída que supón un risco importante e que seguen sen taparse para evitar caídas”. O voceiro popular solicita ao goberno local que adopte “as medidas oportunas” para que pechar o solar e así evitar os vertedoiros e campamentos ilegais que se concentran neste punto.

O popular recorda que é preciso realizar “unha campaña importante de desratización” xa que hai localizadas madrigueras de ratas próximas a vivendas o que leva parello problemas de hixiene e salubridade. Ademais é preciso corrixir importantes barreiras arquitectónicas, actuacións que “non supoñen un gran esforzo económico”, e outras intervencións de mellora da imaxe do barrio como a recolocación dos bolardos que hai no cruce das rúas Lamas de Prado e Aquilino Iglesias Alvariño, onde “dos 19 bolardos colocados, 18 están rotos” polo que os veciños precisan dun goberno local sensible e comprometido con mellorar o día a día dos veciños”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com