O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, recibiu este mediodía no seu despacho do Pazo de San Marcos á nova Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López. Trátase do primeiro encontro institucional entre estes dous representantes institucionais. Campos Conde entregoulle á Rodríguez López, como agasallo institucional, unha arracada, unha peza de inspiración prerromana elaborada por orfebres da provincia.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.