Libera! pide á Subdelegación axuda contra o maltrato animal

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber (FFW) queren implicar á renovada Subdelegación do Goberno contra as prácticas de abandono e malos tratos que os animais sofren na provincia de Lugo, e por iso propuxo a posibilidade de establecer colaboracións para axudar a previr estas situacións. Como responsable última de corpos como a Garda Civil, onde se encadran os axentes de Seprona, ou a Policía Nacional, que pode investigar casos de crueldade animal, os animalistas esperan unha mellor cooperación que durante anos anteriores, e mesmo expondo que a Subdelegación colabore en campañas de sensibilización, como a prevención do abandono en período estival.

FFW e Libera! consideran que hai que fomentar unha verdadeira cultura de respecto cara aos animais, non só os domésticos, e albergan moitas esperanzas en que o novo goberno central aborde aspectos como unha necesaria Lei Marco que endureza o catálogo de sancións por malos tratos e que estableza uns criterios homoxéneos. Neste sentido os animalistas tamén pedirán apoio para confrontar un contexto de trato inadecuado que se está repetindo con demasiada frecuencia, o encadenamiento permanente de cans na provincia, con decenas de casos denunciados pero con moi poucas perspectivas de solución no seu maior parte.

As organizacións suxiren que a Subdelegación auxilie nas tarefas de investigación previas á apertura dos expedientes sancionadores pola limitación continuada nos movementos dos animais, como os casos detectados nos últimos meses e que nalgúns casos suman meses sen ningún tipo de mudanza nas condicións de vida dos mesmos.

A campaña de denuncia que desenvolven estes colectivos tamén busca a complicidade da Subdelegación. A nova Lei de Espectáculos Públicos de Galicia prohibe a presenza de menores de 12 anos en eventos taurinos, como o que podería darse en Sarria se sae adiante a proposta do empresario. Tamén existe unha norma estatal que veta o emprego de animais en pelexas, e a representación do executivo central pode reforzar as inspeccións sobre ‘rapas’ que se realizan na provincia, para evitar precisamente as chamadas ” loitas de garañóns” cando sexan instigadas ou preparadas, como o recente caso denunciado en Viveiro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com