Lugo Monumental pide que os baños dos quioscos do centro reabran de inmediato

Lugo Monumental pide a inmediata reapertura dos baños públicos situados nos quioscos da Praza Maior e de San Domingos, que levan un tempo pechados por mor dos  conflitos da empresa responsable do seu mantemento.

O peche destas instalacións, para as que no hai alternativa tras o tapiado dos baños subterráneos da Praza Maior, supón  que os usuarios no teñan máis opción que recorrer aos baños dos establecementos da zona.

A asociación considera que os problemas de viabilidade da empresa, están causando graves prexuízos aos usuarios dos baños públicos desas dúas prazas, que supuxeron no seu momento un avance moi positivo para o centro e principalmente para o colectivo de persoas maiores ou con discapacidade xa que son unhas instalacións adaptadas e moi cómodas. A asociación prantexa, se fose necesario,  o rescate da concesión, e unha nova adxudicación, antes de que comece a época de máis afluencia turística á cidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com