A apertura da Comisión de Investigación do accidente do Alvia acontecido en xullo de 2013 supón unha oportunidade de dilucidar responsabilidades políticas e traballar por uns servizos de transporte e comunicación máis seguros para o conxunto da cidadanía.
Comprometida e solidaria coas reclamacións das persoas vítimas daquel suceso, a agrupación Lugonovo quere aproveitar a ocasión para proxectar por primeira vez na nosa cidade o documental Frankenstein 04155 sobre o caso Alvia, co fin de dar a coñecer a situación dos colectivos de víctimas do accidente e a súa loita polo esclarecemento das condicións que rodearon aquel suceso e a obtención de xustiza.
Logo da proxección da peza terá lugar un coloquio con Alexandra Fernández, deputada de En Marea no Congreso dos Deputados, quen poderá expor a situación actual do caso nas institucións e avaliar as perspectivas da comisión aberta no día de onte no Congreso. A proxección e o coloquio contarán tamén coa presenza de varias persoas víctimas e afectadas deste accidente. O acto terá lugar na tarde do xoves 12 de xullo ás 20h no local de Lugonovo (ronda da
Muralla, 164).