Sanidade recomenda non consumir a auga de Castro de Rei e 13 parroquias máis

As autoridades sanitarias recomendan non beber, durante tres días, a auga da traída en Castro de Rei e en outras 13 parroquias da contorna despois de que nas últimas analíticas diarias se atopase un exceso de metais. O Concello decidiu manter a medida ata o luns para asegurarse de que estes valores se normalicen.

As parroquias nas que tamén se mantén esta medida cautelar son Duarría, Loentia, Castro Ribeiras de Lea, Matodoso, Triabá, San Xiao de Mos, Ansemar, Viladonga, Quintela, Bendia, Bazar, Outeiro e Pacios.

Ante esta situación, os socialistas de Castro de Rei esixen ao alcalde, Francisco Balado, que aclare se a auga é potable ou non. A voceira municipal socialista, Marisa Rodríguez Gigán, censurou que “o rexedor non pode tan só recomendar aos veciños non beber auga durante 4 días, o que debe facer é informar se a auga é potable ou non porque está xogando coa saúde e a economía de todos. Estamos ante un problema grave de abastecemento de auga, que aparte das molestias ocasionadas aos castrexos no día a día, pois non poderán nin empregala para cociñar, suporá perdas económicas para os establecementos e hostaleiros da zona que deberán mercar auga embotellada para poder ofrecer os seus servizos. Ademais, o Alcalde non especifica se esta auga a poden beber os animais o que provocaría danos e prexuízos para as numerosas explotacións gandeiras e granxas coas que contamos en Castro de Rei”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com