O Grupo Municipal de Cidadáns denunciou esta mañá que o Goberno local “non termina as poucas obras que comeza”, demostrando desta forma “unha gran falta de compromiso cos veciños e cos barrios de Lugo”, afirmou Olga Louzao.
Aínda que hai varias obras abandonadas e proxectos non finalizados en toda a cidade, a agrupación fai énfase en tres puntos concretos, as rúas: Ramos Misioné, Perpetúo Socorro e Camiño de Herrero.
O Grupo Municipal de Cidadáns xa denunciou anteriormente o mal estado de Ramos Misioné, situada na Aceña de Olga, ao presentar graves deficiencias a pesar de presentar un proxecto de 29.330 euros para renovar o pavimento e a sinalización en 2015, aínda que só se cumpriu a primeira parte. Para a colocación das sinais destinaronse 4.859 euros, pero esto nunca se fixo realidade resultando nunha estrada de dobre sentido sen regulación viaria nin de estacionamento.
“Falta toda a sinalización, o que produce un gran caos e situacións moi perigosas, evidenciándose no estreitamento coa rúa da Zarra debido ao tapón urbanístico provocado polo peche dunha parcela sin edificar” sinalou Louzao, quen añadiu ademáis que “Non se pode permitir que esta situación continúe, os veciños non poden estar máis tempo sufrindo que o Goberno de Lara Méndez mire para outro lado”.
Esta situación non é única, como xa se apuntou en Perpetúo Socorro tamén se levaron a cabo obras de pavimentación e de renovación de servizos no ano 2014, por un importe de 269,999 euros en total dedicado aos tramos da Avenida da Coruña co Río Cabe e entre Río Cabe e Outero Pedrayo. Pero aínda que estas obras finalizaron hai catro anos, as novas farolas instaladas seguen sen funcionar e aínda non se retiraron as antigas.
“Fai un ano que desde Cs preguntamos ao Goberno local pola situación destas farolas e a resposta dada é que seu non funcionamento era debido a que as obras non estaban concluídas. Desde Cs nos preguntamos agora si un ano despois seguen sen finalizarse e a que se debe toda esta espera para que os veciños poidan ter iluminación na súa rúa” preguntou a portavoz de Cidadáns.
Por último, no Camiño de Herrero hai cinco anos instaláronse novas farolas, que aínda non se encenderon, pese a que o Goberno afirmaba a principios de ano que esta zona se iluminaría nuns meses, “este par de meses convertéronse en cinco, é outra mostra máis da ineficacia deste goberno, que sin duda, non ten moitas luces” rematou dicindo Olga Louzao.