Dentro da campaña de limpeza de praias, bosques e ríos que organiza JCs, Xóvenes cidadáns de Galicia levou a cabo no día de hoxe una desas accións de limpeza na praia de Arealonga en Barreiros. A acción enmárcase dentro da campaña posta en marcha a nivel nacional pola división máis nova da formación laranxa, Jcs, e nela ademais dos integrantes e responsables de Xóvenes Cidadáns de Galicia, participaron tamén a Portavoz de Cs Galicia Olga Louzao e a coordinadora de Cidadáns en Santiago de Compostela, María Vilas.
Con este tipo de iniciativas, JCs Galicia e Cs, pretenden contribuír a que os máis novos sexan conscientes da necesidade de coidar o medio ambiente e facerlles partícipes de que co seu compromiso será máis fácil avanzar na súa protección. Actividades como esta seguiranse levando a cabo durante os meses de verán en diferentes localizacións da xeografía galega.