Pasadas as 18:00 horas de onte unha persoa solicitaba asistencia sanitaria para un home que acababa de desvanecerse a causa da picadura dunha avespa. Indicaba que o home recibira dúas pícaduras de avespa mentras desbrozaba ao caron da casa, no lugar de Rozada en Viveiro.
Dende o CIAE alertouse de contado ao persoal do 061 Urxencias Sanitarias que tras chegar ao domicilio indicado, so puideron confirmar o falecemento da persoa.