O Concello achega á porta do colexio San José o paso de peóns da rúa Santiago con Cidade de Viveiro

O Concello de Lugo alonxará o paso de peóns da rúa de Santiago, na curva coa rúa Cidade de Viveiro, e achegarao máis á entrada do colexio San José para mellorar a seguridade, principalmente, da comunidade escolar. Así mesmo, tamén beneficiará ao tránsito dos vehículos e á súa incorporación dende a segunda das rúas á primeira, pois actualmente obstaculizabase o xiro, non existindo espazo suficiente de agarda para os vehículos se o semáforo estaba en vermello.

En concreto baixarase entre uns 4 e 6 metros o paso de peóns. Así mesmo, cambiarase de ubicación o semáforo que regula esta sinalización, os valos encauzadores e o rebaixe da beirarrúa; unhas actuacións de mellora da mobilidade que oscilan os 9.000 euros.

Estas tarefas enmárcanse dentro das iniciativas do Goberno de conservación e mantemento da cidade para garantir a seguridade vial e a seguridade do peón e, polo tanto, da persoa; unha prioridade na política do equipo liderado pola rexedora, e a principal directriz sobre as que versan todas as actuacións que leva a cabo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com