O BNG reclama o acondicionamento das rotondas “para garantir a visibilidade”

Rubén Arroxo, voceiro do BNG no Concello de Lugo,  reclamou o acondicionamento das rotondas no termo municipal. Arroxo puxo como exemplo, pola cantidade de maleza existente, a rotonda de Paradai “igual que esta hai varias no concello de Lugo, e dependendo da titularidade vía están máis ou menos coidadas” e engadiu “o perigo que producen para o tráfico é independente das competencias que teñen as administracións e as veciñas e veciños necesitan solucións e non debates sobre titularidade”.

Para o BNG “as diferentes administracións deberían de coordinarse para acometer este traballo tan necesario”. En relación ás rotondas “moitas delas, neste momento, supoñen un perigo para a circulación pola falta de visibilidade, como o caso da de Paradai” dixo Rubén Arroxo. O BNG trasladaralle ao goberno municipal esta solicitude que é demanda de moitos veciños e veciñas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com