A Sociedade Micolóxica Lucus prepara para este venres, día 20 de xullo, unha actividade de Sendeirismo Nocturno a desenvolver na cidade de Lugo a partir das 22:00 horas, aberta ao público, que non require inscrición e é totalmente gratuita.
Todos os cidadáns que desexen paticipar deberán presentarse na Praza Maior de Lugo o venres ás 21:45 horas, co fin de iniciar a ruta de 12,8 quilómetros ás 22.00 h. O percorrido discorre por tramos urbanos e outro rural pola ribeira do río Mera ata o seu final na mesma Praza Maior, que prevemos para a madrugada do sábado ás 01:15 horas.
Camiñarase en todo momento en grupo, cunha persoa que fai de guía de Ruta e é obrigatorio levar unha prenda exterior cun elemento reflector e recoméndase que cada participante leve unha lanterna do seu gusto.