O PP fonsagradino solicita dotar ao concello dunha piscina climatizada municipal

O PP da Fonsagrada pide ao alcalde que emprenda os trámites administrativos e políticos necesarios para dotar ao concello dunha piscina climatizada municipal. Os populares consideran que o rexedor socialista ten unha condición “única” de poder facelo, debido ao seu cargo de vicepresidente da Deputación, polo que a instalación podería estar financiada con fondos das administracións local e provincial.

Deste xeito, dende o PP sinalan que a súa solicitude permitiría dar resposta a unha demanda dos veciños, ao tempo que corrixiría “a discriminación que sofrimos con respecto a outros Concellos que si dispoñen desta prestación”. “Pedimos o mesmo trato que a Deputación lle está a dar a outros municipios, como poden ser A Pastoriza ou Sarria, e onde se viu recentemente ao noso alcalde”. Concretamente, os populares refírense á visita realizada polo dirixente socialista á instalación do municipio de Terra Chá.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com