A Xunta rehabilitará catro novos inmobles na Tinería

 A Consellería de Infraestruturas e Vivenda prevé iniciar a principios de setembro as obras de rehabilitación en catro inmobles no barrio da Tinería, en Lugo. Así o anunciou o delegado territorial, José Manuel Balseiro, quen asistiu esta mañá á sinatura das actas de replanteo de tres destes inmobles, encontro no que tamén participaron representantes da asociación de veciños e de empresarios deste barrio.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda destina un orzamento de 1,1 millón de euros a estas actuacións, que permitirán poñer á disposición da cidadanía oito vivendas de promoción pública e dous locais comerciais. Os edificios nos que se prevé comezar proximamente as obras son os situados nas rúas Recanto do Miño 11-13 e 17 e na rúa Tinería 30.

No caso do número 15 da rúa Tinería, a Xunta está pendente de obter a licenza municipal correspondente, para o que xa presentou o proxecto modificado a semana pasada, segundo os requirimentos municipais. Non obstante, espera que o Concello resolva a tempo para iniciar a rehabilitación deste edificio conxuntamente co resto.

As obras dos inmobles da rúa Tinería foron adxudicadas á empresa Construcciones Orega e permitirán dispoñer de catro vivendas no número 15 e dúas no número 30. Os traballos en Recanto do Miño 11-13 darán lugar a unha vivenda, o mesmo que a actuación prevista na Rúa Recanto do Miño, 17. Estas dúas últimas serán executadas por Obras y Viales de Galicia.

Polo que respecta aos novos locais comerciais, estarán emprazados na rúa Tinería 15 e Tinería 30. O primeiro deles terá unha superficie de 86 metros cadrados e o segundo, de 23 metros cadrados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com