O Grupo Municipal de Cidadáns denunciou esta mañá o gran aumento do número de vertedoiros ilegais na cidade de Lugo, pasando de 13 no ano 2015, 21 no 2016 ata os 78 no 2017, aumentado así de forma exponencial o número deles.
“Cada ano o número de vertedoiros ilegais aumenta, chegando ao punto de alcanzar cifras vergoñentas, pero desde o Goberno local non aportan ningunha solución para facer ante esta problemática“, afirma a portavoz de Cidadáns, Olga Louzao.
Ademáis, aínda que moitos deste vertedeiros retíranse, estes volven a aparecer ao pouco tempo, como os situados en Muxa, Coeses no Carqueixo e o de Pedreda.
“Si os vertedeiros aparecen sistemáticamente unha vez retirados, a única solución é levar a cabo campañas de concienciación para toda a cidade, e fomentar a súa vez os servizos de recollida de plásticos agrícolas e do Punto Limpo e aportar información sobre seu uso, localización e gratuidade”, considera Louzao.
Un Punto Limpo, que ademáis, sufriu continuos actos vandálicos e roubos. “Moitas veces nestes Puntos Limpos hai residuos perigosos que poden chegar a afectar ao medio ambiente, por iso, desde Cs consideramos esencial que se aumente a seguridade”, remata a portavoz local.