O voceiro do goberno local Luís Álvarez destacou na rolda de prensa posterior a Xunta de Goberno Local, que unha demanda que viña facendo o goberno municipal dende hai catro anos ao goberno de Núñez Feijoo, se realice precisamente ás portas das eleccións municipais. Pronunciouse ao respecto da rebaixa do prezo do solo industrial levado a cabo pola empresa Xestur, no polígono das Gándaras logo de que o alcalde llo solicitase ao propio presidente da Xunta hai agora catro anos. O voceiro municipal informou que o concello nada máis saber a rebaixa do solo industrial do polígono activou a bonificación de impostos para as empresas que se radiquen no novo polígono industrial.
Luís Álvarez:
Asemade, Luis Álvarez, deu conta esta mañá dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.
Destacou dúas solicitudes de licenzas urbanísticas, unha na rúa Manuel María, e a outra no centro comercial da Abella.
Luís Álvarez:
Doutra banda, Álvarez anunciou a apertura do procedemento de licitación, para a instalación de 65 postos de venda de mercadorías durante as festas do Arde Lucus.
Álvarez de novo:
Xa fora da orde do día, Álvarez acusou ao Partido Popular, de tentar utilizar o debate sobre a Medalla de Ouro para o ex-presidente da Deputación, Cacharro Pardo de xeito partidista, cando na Xunta de Portavoces celebrada hai dúas semanas, acordouse por unanimidade retrasar este debate.
Álvarez: