O Lugo Termal da Deputación terá este ano 1.000 prazas para maiores de 55 anos

A Xunta de goberno provincial vén de aprobar esta mañá as bases que rexerán o programa Lugo Termal 2018 que, nesta ocasión, o Goberno da Deputación decidiu ampliar ata as 1.000 prazas, 400 máis que na edición anterior. O Lugo Termal é o programa que ofrece a Deputación a lucenses maiores de 55 anos para gozar de descontos en tratamentos termais nos balnearios da provincia, dende outubro ata o mes de xuño. 

Logo desta aprobación, ábrese o prazo para que os balnearios lucenses (Hotel Balneario Augas Santas, en Pantón; Hotel Balneario Río Pambre, en Palas de Rei; Hotel Balneario Guitiriz e Hotel Balneario de Lugo Termas Romanas) se adhiran a esta programación, dotada de 60.500 euros.

O Presidente da Deputación, Darío Campos explicou que “decidimos ofrecer esta programación, por 7º ano consecutivo, debido ao grande interese que esperta entre os maiores da nosa provincia. De feito, foron máis de 6.200 as persoas que puideron acceder a estes tratamentos grazas aos descontos que ofrecemos dende o Goberno da Deputación. Co Lugo Termal 2018 ofrecemos un total de 1.000 prazas dirixidas a lucenses maiores de 55 anos, con descontos de máis de 60 euros para recibir terapias mineromedicinais nos establecementos da provincia entre os meses de setembro e decembro. Logo de que os establecementos se sumen a esta iniciativa, abriremos o prazo de inscrición. Contamos coa previsión de facelo partires do mes de setembro”, subliñou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com