O Presidente da Deputación Campos Conde, destacou que “dende o Goberno Provincial buscamos mellorar a calidade de vida dos nosos veciños, dentro da nosa clara aposta por ser unha Deputación rural, sumamente social e coas persoas. Nesta ocasión facémolo a través destas actuacións na LU-P-6402, que mellorarán as comunicacións dos veciños da Parroquias de Santa María de Cabanas e de Riobarba, xa que as conecta co núcleo urbano do Vicedo”.
O Presidente subliñou que “o que buscamos é que os máis de 150 veciños destas parroquias poidan acceder dunha maneira máis cómoda e segura ata os centros de interese que non poden atopar nos seus lugares de residencia, como o son o centro médico, a farmacia, ou a zona comercial”.
Os traballos nesta estrada, consistirán no acondicionamento do firme con aglomerado quente e mellora na sinalización, nun treito de 3,5 quilómetros, comprendidos entre os puntos quilométricos 9,3 e 12,8.
Trátase dunha vía fundamental para a Parroquia de Santa María de Cabanas e para a parroquia de Riobarba, debido a que conecta aos veciños das diferentes parroquias cos principais núcleos urbanos da zona.