A Deputación mellorará o acceso ao cemiterio de Pino, en Cospeito

O Goberno da Deputación mellorará o acceso ao cemiterio de Pino, en Cospeito, cunha achega de 10.000 euros. Así o avanzou o presidente do Executivo, Darío Campos Conde, quen subliñou que “asinamos un convenio coa Asociación Cultural de San Martiño de Pino para arranxar o acceso ao cemiterio desta parroquia. Con esta actuación damos resposta a unha demanda dos máis de 400 veciños que empregan este acceso ao longo do ano”.

Campos Conde apuntou que “se trata duns traballos moi necesarios, pois a actual entrada é demasiado estreita e os vehículos teñen dificultades para acceder ao interior do recinto, especialmente os coches fúnebres que polas súas dimensións, atopan verdadeiros problemas para maniobrar”.

Deste xeito, as obras consistirán no ensanche do acceso. Farase un novo peche, co que facilitar a entrada de vehículos rodados, especialmente, cando hai enterros e se produce unha maior aglomeración de coches nas inmediacións do cemiterio. As obras levaranse a cabo nas vindeiras semanas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com