Morre un home na Praia de Covas tras sufrir unha indisposición no mar

Un home faleceu esta tarde en Viveiro despois de sufrir unha indisposición mentres se bañaba na Praia de Covas, en Viveiro. O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido ás 13:30 horas, a través das chamadas de varios particulares que alertaban dunha persoa que se atopaba inconsciente no mar e a estaban levando ata o areal.

Acto seguido, os xestores do 112 Galicia informaron dos feitos á Policía Local, a Protección Civil, á Policía Nacional e ao 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, aínda que, tras confirmarse o falecemento do home, descartouse a súa intervención. Unha vez na Praia de Covas, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida ao home.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com