A reprobación do edil Daniel Piñeiro e a Velutina centran o pleno no Concello de Lugo

Xornada de Pleno no Concello de Lugo e, aínda que curto, intenso. Así, un dos temas destacados neste pleno foi a reprobación, a petición do grupo municipal popular e aprobada coa abstención de todos os grupos agás o PSOE, do edil de Medio Ambiente e Persoal, Daniel Piñeiro tras a súa declaración no xulgado en relación cos vertidos da Garaballa.

Esta mañá antes de entrar no salón, Piñeiro aseguraba que o PP era “un partido destructivo” e que “nunca traballaba pola cidade”. Pero o certo é que esta é a segunda reprobación a un membro do goberno local no que vai de lexislatura, un feito que o PP quixo destacar.

Trala reprobación o voceiro popular, Antonio Ameijide subliñou que o equipo de goberno está “noqueado e paralizado” e que as consecuencias disto sufrenas os lucenses. O popular lamentou a actuación do resto dos grupos da oposición que “recoñecendo a falta de xestión de Daniel Piñeiro non tiveron a valentía de votar a favor da reprobación”.

En canto ao xuízo polos verquidos, Daniel Piñeiro asegurou que el deu todos os datos que tiña o Concello e todos os traballos realizados pola administración local en relación a estes verquidos fecais ao rio Rato e asegurou que o tanque de tormentras problemático “está controlado, e funciona correctamente”.

A Velutina, a debate

Outro dos temas clave neste pleno e dos que xa se viñan anunciando mocións hai días, foia vespa velutina. Así o grupo municipal do BNG, presentaba unha moción de urxencia para reclamar medidas de control contra a expansión da Vespa Velutina. Deste xeito, a alcaldesa de Lugo considerou a Velutina como unha “nova deixadez de competencias da Xunta de Galicia”. Advertiu asemade, que os casos de Lugo son poucos e que, dende o Concello, siguen o protocolo establecido.

Según os datos facilitados polo equipo de goberno, a 17 de xullo, entre 6 e 25 niños de vespa asiática foron retirados no Concello. Unha situación que, segundo a rexedora, reflexa a “deixadez” do Goberno galego. “Non entendemos a actitude da Xunta de Galicia de desatender as competencias propias”, denunciaba a alcaldesa quen se congratulou, en parte, porque “Lugo é unha cidade tranquila con casos illados”.

Outras mocións

O Pleno tamén aprobou unha iniciativa do BNG para que o Concello de Lugo chegue a acordos coa Deputación e a Xunta para abrir novos espazos de aparcamento público. Despois da apertura do aparcadoiro municipal do antigo seminario a iniciativa serviría para crear unha rede de aparcadoiros públicos en diferentes puntos da Ronda. Rubén Arroxo é  o voceiro nacionalista:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com