O Concello de Lugo anuncia a convocatoria do I Concurso de Narración con Retranca Catapulta de Novos Talentos dirixido a todos os cidadáns maiores de idade e que presenten un só relato por autor inédito e en lingua galega cunha extensión máxima de 100 palabras. O tema da narración con retranca é libre.
Este novo certame ten como obxetivo involucrar á cidadanía poñendo a importancia do humor nas artes e na vida procurando fomentar a creatividade artística de todas as persoas.
A data límite para presentar os traballos remata o 31 de marzo de 2015 e enviaranse por correo electrónico a cultura@concellodelugo.org e no asunto deberá figurar o título da obra seguido do nome do autor, correo electrónico e teléfono de contacto. Os traballos gañadores serán seleccionados por un xurado profesional composto por escritores, artistas e humoristas. Neste primeiro concurso haberá tres premios individuais cada un deles consistente nun voo en avioneta pola cidade de Lugo e nun diploma conmemorativo.
I Certame Escolar de Humor Gráfico
O Concello de Lugo tamén anunciou o I Certame Escolar de Humor Gráfico no que poden participar o alumnado de todos os centros escolares de Lugo que cursen estudos comprendidos entre quinto de Primaria e cuarto da ESO, establecéndose seis categorias diferentes, unha por curso.
Cada alumno poderá presentar só un traballo consistente nunha soa viñeta ou nunha tira de dúas ou tres viñetas nun formato de tamaño entre DIN A4 e DIN A3. O tema da viñeta será libre, pero as obras deberán ter un claro contido humorístico e o texto, en caso de telo, ten que estár en lingua galega. Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, ademais entregaranse debuxados a man ou con ordenador.
Aqueles estudantes e colexios interesados en participar poderán facelo de forma individual ou de forma conxunta remitindo o traballo por correo ordinario ao Faro dos tres Mundos, sito na Rúa San Marcos, 9, ou ben por correo electrónico a susana.barro@elfarodelostresmundos.com. O prazo para presentar os traballos neste concurso finaliza o 30 de marzo de 2015.